
Miras o teu lado e ves pasar o tempo.
Qué simpático é. Como nos engana.
Nos, aí, vivindo. E el, arrancandonos os segundos de vida con rabia. Róubanos cada suspiro. Cada pestanexo. E só nos damos conta cando as cousas cambian o noso redor.
Fai unha semana... Estaba en Londres...
Fai un mes... en plena época de exames
Fai dous era Nadal e aínda estaba a curta do cidadán sen comezar.
Fai tres parecía imposible ter tantos traballos que entregar xuntos, e pensaba que oxalá fose pronto Nadal, para descansar, e ver a meus primos. Fumaba o meu primeiro cigarro consciente.
Fai catro meses aínda eramos dous con narices pintadas de paiaso.
Fai cinco meses reencontrábanse as fuantásticas
Fai seis falaba en alemán. Compraba cascabeis de leopardo.
Fai sete se casaba unha das miñas mellores amigas. Durmiamos en buses incómodos
Fai oito non se podía vivir co sol, íamos a festivais, disfrazabamonos glamourosos.
Fai un ano viviamos con Martisei. Era o meu primeiro ano fora. Superara a primeira tanda de exames. Estaba a punto de irme de viaxe a Madrid e de rodar coma unha bola polos kebabs de Umut.
Fai dous salín tanto como na miña vida, e estudiaba máis horas ainda. Iamos de viaxe a Paris. Morrera meu avó. Selectividade quedaba preto e acongojaba. Nacía Felix o meu cactus.
Fai tres anos salir era meterse servilletas do Irlandés de Relleno e beber cerveza mentres facíamos grandes planes de futuro.
Fai catro anos a ESO nos parecía complicado. Non tiña nin idea de que carreira faría. Comezaba a formar amizades que quedarán aí para sempre. Non podía nin imaxinarme que eu tamén sabía namorarme. Nin que catro anos depois sería capaz de comer nun chino en Londres.
Fai cinco anos saliamos os domingos ata as oito e media da tarde. Bebíamos Vozka con Lima e Baileys con Cacaolat. E nos sentíamos maiores a pesar de que por ter catorce anos non nos deixaran entrar nas pseudos-discos. Non coñecía a María, nin a Lorena. Creía que o maior acto intelectual consistía en ler a Neruda, e cantar Jarabe de Palo e Estopa ata desgañitarnos.
Fai dez anos os meus deberes eran dibuxar mapiñas e aprenderme as partes do corpo. Soñaba con vivir nunha casa. Quería que fosen vacacións para pasalas na aldea coa miña prima. Me namoraba cada tres segundos de calquer persona que me falase, fose do sexo oposto e tivese algúns meses máis ca min. Flipabamos ca super nintendo. E o meu hobbie favorito era leer e meterme hostias na bicicleta. Grababa programas de radio cas miñas amigas e me encantaba Marta Sanchez e a música étnica.
Que simpático.
e algún dia
falarei de fai
vinte anos
e me acordarei de días como hoxe.
"Fai vinte anos estaba no meu segundo curso de universidade. Dábame unha
profesora que saia na TVGA, fixera a miña primeira curta, gañara algúns premios
de narrativa. Estaba rodeada de amigos, acababa de adoptar a miña gatiña negra. Fun a Londres por primeira vez cos meus amigos e a vida, realmente, merecía a
pena. Daquelas, aínda non sabía que...."



1 comentario:
Porque es unha desas persoas que sempre consegue emocionarme ata arrincar esa bágoa que durmía esquecida no máis fondo da miña meniña...
Tempo... ¿Que dicir?... Ás veces teño a impresión de vivir a miña vida coma se fose unha conta atrás, pensando que todo irá mellor cando chegue o verán, cando remate a selectividade, cando comece a estudar en serio o que realmente me gusta, cando coñeza a alguén que me ensine a namorarme de verdade...
Cousas que xa pasaron, e sempre sego pensando en ser feliz dentro dun tempo, atrapado noutra conta atrás, e ás veces, agardando o futuro, esquezo o pasado e non sei vivir o presente... Apenas lembro xa coma entraches na miña vida, e sen embargo, sabes que es alguén moi importante pra min...
Pero hai momentos, nos que quixera poñer tódolos contadores a cero e, simplemente, reiniciar...
¿Onde quedou esa bágoa que espertou na miña meniña?... Fuxíu meixela abaixo, coma foxe esta vida agardando polo tempo, ou este tempo que agarda pola miña vida, non o sei...
Quizais mañá prefira erguerme e deixar de ver pasar o tempo...
Publicar un comentario