9.5.07

DesXeO




E quedaron as tumbas abertas
cos soños prohibidos asomando por elas
coas súas espiñas
e cadeas.

Quedaron os corazóns descosidos;
as noites fantasmas,
demasiado pequenas para os pesadelos.

Marchou unha lousa,
nesta nosa longa noite de pedra.

E agora, quizáis, sexamos capaces de non afogar.
Malabaristas das casualidades...

nunha man, a espera
noutra, os soños

e en equilibrio no nariz de paiaso, a fantasía abanea.

No hay comentarios.: