NovemBro Caiu, pesado, como can os sacos de guisantes dos barcos que veñen do horizonte. Quizáis golpeou o chan un par de veces antes de acabar rompéndose. E aínda que non está feito de cristal, senón de pequenas follas cosidas as bágoas de chuvia e outros refrixerios, escachou.
So se oíu un doce tiiin. [tiiinnnnn...iiiin...nnn...]
Soa así cando se creban os corazóns e as amapolas. E algunha que outra alma perdida.
E quedaron milleiros de pedaciños, coma migallas de pan, pequenos e sabrosos cachiños de recordos, esparcidos por tooodolos meses do ano. Novembro fixo que todos os seus dias desaparecesen e a pesar disto, agora estaría sempre presente.
[Cando MarZo espertou, cabreouse un pouco. Las cosas no se dicen así!
Viña con ganas de florecer, pero atopouse cun montón de raíces]



No hay comentarios.:
Publicar un comentario