13.11.07

- en Metros, demais -

-Sentín

-sentí

-sen ti... sentei.


[Como diría Manu Chau... Esperando pola new wave...]



aristas galegos en acción procú: O Leo tamén afirma haberen cús

13.6.07


Memorias...
distantes

perdidas

agochadas


Non sabía, non sabía como recuperalas. E miraba cara adiante e só atopaba baleiro.
si, había algunha verdade... pero ¿de que lle servían esas verdades??
Eran verdades de pés, verdades de fíos, verdades de rutinas

Quería saber as verdades-sorpresa, as verdades-bicos, as verdades-esperanza...

queria que se cumplisen os soños-nube-verdade.

23.5.07

Mañás...


NovemBro Caiu, pesado, como can os sacos de guisantes dos barcos que veñen do horizonte. Quizáis golpeou o chan un par de veces antes de acabar rompéndose. E aínda que non está feito de cristal, senón de pequenas follas cosidas as bágoas de chuvia e outros refrixerios, escachou.



So se oíu un doce tiiin. [tiiinnnnn...iiiin...nnn...]

Soa así cando se creban os corazóns e as amapolas. E algunha que outra alma perdida.

E quedaron milleiros de pedaciños, coma migallas de pan, pequenos e sabrosos cachiños de recordos, esparcidos por tooodolos meses do ano. Novembro fixo que todos os seus dias desaparecesen e a pesar disto, agora estaría sempre presente.


[Cando MarZo espertou, cabreouse un pouco. Las cosas no se dicen así!
Viña con ganas de florecer, pero atopouse cun montón de raíces]

9.5.07

DesXeO




E quedaron as tumbas abertas
cos soños prohibidos asomando por elas
coas súas espiñas
e cadeas.

Quedaron os corazóns descosidos;
as noites fantasmas,
demasiado pequenas para os pesadelos.

Marchou unha lousa,
nesta nosa longa noite de pedra.

E agora, quizáis, sexamos capaces de non afogar.
Malabaristas das casualidades...

nunha man, a espera
noutra, os soños

e en equilibrio no nariz de paiaso, a fantasía abanea.

20.3.07




DeTeSTo que non Me MiRes.
Que o DiGas Así, CoMa se Non ImpoRtaSe.

CoMa se Non se RoMPeSen MiL soÑos.
coMa se ToDo FosE un NaDa.

E realMenTe, So queDa NaDa

Porque QueRia GarDar Un CaChiÑo de Todo
quE me RegalaraN teUs Ollos
e Non Me Miraches...

10.3.07

Dez da MaÑá


(Pontes Veteris: Praza da Ferrería)

Si, son as dez dun sábado.
E non podo pedir máis que camiñar polas rúas soleadas por fin de Pontevedra, sen frío, coa mirada curiosa, buscando números, tapando a expresión somnolienta cun palestino roubado (muahaha) e comprar un periódico para informarme como boa comunicadora e un croissant como boa desayunadora. Pérdome na ferrería unha mirada especial, cando un montón de gaviotas se sincronizan para graznar e axitar as ás todas á vez.
Soa no pendrive, antes de acabarselle a batería (coma sempre nos mellores momentos) Snow, de Red Hot Chilli Peppers..... E aínda que o sono me queira demostrar o contrario, parece que este vai ser un bo día :)


The more I see the less I know 
The more I'd like to let it go
When will I know that I really can go
To the well one small town to decide on
When its killing me, when will I really see

All that I need to look inside

Come to believe that I better not leave
Before I get my chance to ride
When its killing me, what do I really need
All that I need to look inside



6.3.07

Ön My MïnD

On my mind, on my mind, on my mind, on my mind there's a thing that I can't explain


and I'm quiet, yes I'm quiet, very quiet, really quiet most of my time


You say I was a good friend and I have gone downhill, honestly,


I don't know if you were so to me





Can you understand me?





can you hear me shout?





If you don't understand me leave me in my cloud



Na miña mente hai algo que non podo explicar. Si, estou tranquila, moi tranquila, a maior parte do tempo. Dixechesme que era unha boa amiga mais deixachesme cair montaña abaixo. Sinceiramente non sei se ti tamén o fuches para min. Podes entenderme? Non me escoitas berrar??? Se non me entendes, por favor, deixame quedar na miña nube.